venres, 8 de xullo de 2016

Oenach Atlántico Sedes 2016


Do 29 ao 31 de Xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. ATMVirutas estará presente neles.

O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa, na zona das pallozas localizadas no Trece. O evento inaugurarase cun prendido de lume e a lectura dun texto que marcan cada ano o inicio do Oenach. Ás 22:00 horas terá lugar un concerto a cargo do grupo de cantareiras e pandereteiras Leilía.

Na xornada do 30 de Xullo na Campa castrexa abrirá o Mercadiño artesán e tamén se poderán ver unha Mostra de artesanía de cerámica e haberá demostracións en vivo de artesáns elaborando distintos produtos na área da campa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.